Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre os ecosistemas, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Que outros factores do medio inflúen nos seres vivos?", "Que é un ecosistema?", "De onde procede a enerxía que mantén os ecosistemas?",... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.




Manuel Ramos Iglesias





miércoles, 31 de diciembre de 2008

O Monte de San Xurxo, espazo a conservar


“O Monte de San Xurxo, espazo a conservar”, é o título do último documental do realizador galego Pablo García Rivas. Este vídeo documental nos achega a un dos espazos naturais galegos,catalogado coma Lugar de Interese Comunitario (LIC) e que forma parte da zona coñecida popularmente como “Costa Ártabra”. A pesares disto este espazo está, coma tantos outros, protexido só no papel, e non con medidas que garantan de feito a súa conservación . As agresións continuas que soportan os ecosistemas galegos non pasan desapercibidas para este realizador, que nos amosa a fraxilidade dos ecosistemas litorais, e como os seus valores naturais poden desaparecer en pouco tempo, debido tanto á masificación turística, coma tamén a actuacións irresponsables por parte das Administracións Públicas.