Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre os ecosistemas, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Que outros factores do medio inflúen nos seres vivos?", "Que é un ecosistema?", "De onde procede a enerxía que mantén os ecosistemas?",... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.




Manuel Ramos Iglesias





lunes, 9 de agosto de 2010

Os ecosistemas

A biosfera e os ecosistemas
Ecosistema: É unha comunidade de seres vivos que interaccionan entre si e co medio no que viven. Tamén o podemos definir cono o conxunto do biótopo e da biocenose, xunto coas numerosas relacións que se producen entre os seus diferentes elementos.
Compoñentes:
Abióticos: Son os non vivos, é dicir, o medio físico (augas, rochas,...) e as súas características (salinidade, temperatura,...).
Bióticos: Son os vivos, é dicir, tódolos seres vivos.
Biosfera: É o conxunto constituído por tódolos organismos da Terra, polo medio físico que os rodea e polas relacións que se establecen entre eles. Polo tanto, podemos dicir que está integrada por tódolos ecosistemas da Terra.
Biótopo: É o conxunto formado polo medio físico e as súas características físicas e químicas.
Biocenose: Está formada por tódolos organismos do ecosistema.
Poboación: É o conxunto de tódolos individuos dunha mesma especie que viven nun lugar.
Influencia dos factores abióticos no ecosistema.
Temperatura.
Organismos homeotermos: Regulan a súa temperatura interna.
Organismos poiquilotermos: A súa temperatura interna está influenciada polo medio.
Luminosidade.
Características do terreo.
Pendente.
Orientación do terreo.
Composición do solo.
A auga.
Relacións na comunidade
Intraespecíficas: Cando interaccionan os organismos dunha mesma especie.
Interespecíficas: Cando se establecen entre organismos de distintas especies.
Tipos de relacións intraespecíficas.
Familia: Relación temporal que se establece para a reprodución e o coidado da prole.
Monógamas: Constituídas por unha parella.
Polígamas: Formadas por máis individuos.
Asociación gregaria: Os individuos da mesma especie únense para obter algunha vantaxe como a busque de alimento, migrar, defenderse,...
Colonia: Constituídas por individuos que descenden dun mesmo proxenitor e permanecen unidos e comunicados entre si durante toda a vida, como os corais.
Sociedade: Constituída por individuos con diferencia anatómicas que se distribúen o traballo e están divididos en castas, como as colmeas das abellas.
Tipos de relacións interespecíficas.
Competencia interespecífica: Cando organismos de distinta especie utilizan un mesmo recurso limitado, como os raposos e os linces que compiten polos coellos.
Depredación: Un organismo dunha especie (depredador), caza e dálle morte a outro doutra especie (presa) para alimentarse; as aguias son depredadoras das lebres.
Parasitismo: Un organismo (parasito), aliméntase a expensas doutro (hóspede), ao que prexudica, aínda que raramente o mata; os piollos, pulgas,... son parasitos doutros seres vivos.
Comensalismo: Un individuo benefíciase e o outro nin sae beneficiado nin prexudicado; o peixe rémora, alimentase da comida que deixa a quenlla cando depreda a súa presa.
Mutualismo: Os dous individuos saen beneficiados; a actinia e o peixe pallaso, son un bo exemplo, xa que o peixe busca protección na actinia que, a cambio, captura os peixes que intentan depredar ao peixe pallaso.
Simbiose: É un tipo de mutualismo no que a cooperación entre as dúas especies é tan intensa, que ningunha pode vivir por separado; os liques, están formados por unha alga (que realiza a fotosíntese) e un fungo (que lle achega humidade).
A organización do ecosistema
Estrutura trófica.
Nivel trófico: É o conxunto de especies do ecosistema que compiten polos mesmos recursos alimentarios. En tódolos ecosistemas hai tres niveis tróficos ou alimentarios:
Productores: Organismos autótrofos que a súa vez alimentan a outros seres do ecosistema (consumidores e descompoñedores).
Consumidores: Organismos heterótrofos que consumen a materia orgánica producida por outros seres. Poden ser:
Primarios: Organismos herbívoros que se alimentan dos productores.
Secundarios: Organismos carnívoros que se alimentan dos herbívoros.
Terciarios: Organismos que se alimentan de consumidores secundarios.
Descompoñedores: Seres heterótrofos que descompoñen os organismos mortos e os seus restos, transformándoos en substancias minerais que se incorporan ao medio, para que sexan aproveitadas de novo polos productores. As bacterias e os fungos, son os descompoñedores máis importantes.
Cadea trófica: Uns organismos aliméntanse doutros, de forma que o alimento circula nunha determinada dirección. A representación lineal que nos mostra a dirección que segue o alimento no ecosistema e unha cadea trófica.
Rede trófica: Tamén chamada alimentaria, é unha representación das relacións alimentarias dos organismos do ecosistema e, polo tanto, está constituída por numerosas cadeas tróficas interconectadas.
Fluxo de enerxía e de materia no ecosistema
Fluxo da enerxía.
A primeira enerxía que se incorpora no ecosistema procede do Sol, que é a que utilizan os productores para facela fotosíntese.
Os productores utilizan unha pequena parte da enerxía solar que incide na superficie terrestre e transforman esta enerxía luminosa en moléculas ricas en enerxía química.
Os consumidores utilizan unha pequena parte da enerxía química contida nos alimentos.
Os descompoñedores aproveitan a enerxía química contida nos restos doutros organismos.
O ciclo da materia.
No ecosistema a materia describe un movemento cíclico, xa que tódolos intercambios teñen lugar entre os diferentes compoñentes, tanto bióticos como abióticos.
Percorrido da materia nos niveis tróficos.
Os productores fixan a materia inorgánica do medio (dióxido de carbono, auga e sales minerais) transformándoa en materia orgánica, que será o alimento do seguinte nivel trófico, os consumidores primarios.
Os consumidores primarios producen a materia utilizada polos consumidores secundarios cando se alimenten; estes, a súa vez serán aproveitados polos consumidores terciarios e así sucesivamente ata chegar ao último nivel de consumidores do ecosistema.
Os descompoñedores encárganse de transformar os cadáveres e os restos orgánicos en numerosos productos que se volven a incorporar o medio físico: sales minerais, dióxido de carbono, amoníaco,...
Os ecosistemas terrestres ou biomas: Son os grandes tipos de ecosistemas terrestres, que se caracterizan pola presencia dunha vexetación dominante que está influenciada polo clima.
Os grandes biomas.
Desertos polares e tundra.
En zonas frías de latitudes altas.
A taiga ou bosque de coníferas.
En zonas frías do hemisferio norte.
Zonas temperadas.
Pola súa variabilidade climática, podemos atopar:
Bosques caducifolios (clima atlántico).
Bosques mediterráneos (clima mediterráneo).
Estepas (clima continental).
Desertos.
En zonas subtropicais secas.
Sabana.
En rexións de clima tropical con dúas estacións (seca e húmida).
Os bosques tropicais e as selvas.
Nas zonas ecuatoriais, onde abondan moito as chuvias.
Os biomas das latitudes altas
Desertos polares.
Atópanse nas zonas máis frías do planeta: os círculos polares. Non hai vexetación. A vida nestes medios é moi dura e a que hai atópase preto do mar: moluscos, crustáceos, peixes, focas, pingüíns, osos polares,...
Tundra.
Localizada a menor latitude cós desertos polares. Ten un verán moi curto polo que se desxea a parte superior do solo o que permite desenvolver liques, mofos, plantas herbáceas e arbustos rastreiros. No breve verán, bule a vida, aparecendo plantas de ciclos rápidos que alimentan a insectos, renos, lebres árticas, algúns roedores,... o que da lugar a aparición de depredadores como aves insectívoras, bufos nivais, raposos árticos,...
Taiga.
Esténdese, fundamentalmente, polo hemisferio norte: Canadá, norte de Europa e Siberia. Clima frío pero non extremado como a tundra. No solo desenvólvense bosque de coníferas (abetos e piñeiros). Atopamos grandes herbívoros (renos, alces, bisontes,...) e tamén, lobos, osos, musarañas, aves, arañas, insectos,....
Os biomas das zonas temperadas e cálidas
As zonas mornas ou temperadas.
Estepa.
Praderías de zonas temperadas, con clima continental. Esténdense polo interior de Asia e Europa, con chuvias irregulares e temperaturas con grandes cambios estacionais. Árbores escasos e abundan as plantas herbáceas. Nela viven o gando, insectos, roedores, aves esteparias, morcegos, lobos,...
Bosque caducifolio.
Desenvólvese en rexións húmidas. Constituído por árbores de folla caduca (carballos, ameneiros, bidueiros,...). Estas árbores e outras plantas alimentan os consumidores primarios (insectos, aves, roedores,...) e os consumidores secundarios que habitan estes bosques (mouchos, curuxas, raposos,...).
Bosque mediterráneo.
Tamén coñecido como bosque esclerófilo porque as follas das súas árbores (aciñeiras, sobreiras, caxigos,...) están endurecidas por unha capa de cera que as protexe do desecamento nos meses máis cálidos. Tamén existe unha gran diversidade de arbustos e matogueiras (oliveiras silvestres, cornicabras, lentiscos, xestas,...) e de animais (insectos, réptiles, aves, mamíferos,...).
As zonas cálidas.
Deserto.
Localízanse preto dos trópicos e son as zonas máis secas da Terra. Os organismos que habitan estas zonas desenvolveron adaptacións para resistir a aridez do terreo: os cactos, transformaron as súas follas en espiñas para evitala perda de auga; os animais adquiriron hábitos nocturnos para protexerse das altas temperaturas.
Sabanas.
Predomina a vexetación herbácea (gramíneas fundamentalmente), que eclosionan durante a estación húmida. As árbores están illadas (acacias, baobabs,...). Entre os animais abundan insectos e herbívoros de gran tamaño (búfalos, ñus, gacelas,...) e moitos depredadores (leóns, leopardos, guepardos,...).
Bosques tropicais e selvas.
Localizados en rexións de latitudes baixas onde son moi abundantes as chuvias. Ca humidade desenvólvense bosques moi densos con gran variedade de árbores e plantas rubideiras (como as lianas que buscan a luz). O alimento é moi abundante, polo que existen moitos insectos, réptiles, aves, monos,...
Os ecosistemas acuáticos
De auga doce.
Ríos.
Augas en continuo movemento e as plantas acuáticas e algas desenvólvense nos remansos (velocidade da auga moitos menor). Entre os consumidores atópanse larvas de insectos, insectos nadadores, planarías, cangrexos de río, peixes e moitas aves que merodean polas veiras.
Lagos, lagoas e brañas.
Non presentan unha corrente continua o que permite o desenvolvemento de numeroso plancto que flota na auga (formado por algas unicelulares, pequenos crustáceos, larvas de insectos e de crustáceos,...). Nas beiras dos lagos medran arbustos e árbores. Entre os consumidores destacan as aves acuáticas.
Marismas e albufeiras.
Son ecosistemas que se orixinan na desembocadura dalgúns ríos e están influenciados pola dinámica do mar (as mareas sobre todo). A auga pode ser doce ou salobre e a vexetación, tolera certa salinidade do medio. Os depredadores máis importantes son os insectos, peixes e aves acuáticas.
Mariño: Ten numerosos hábitats en función da distancia a liña de costa e a profundidade.
Organismos mariños.
Planctónicos: Viven suspendidos no seo da auga, movidos polas ondas, as mareas e as correntes mariñas.
Fitoplancto (productores, sobre todo algas unicelulares).
Zooplancto (consumidores, sobre todo protozoos, pequenos crustáceos, larvas de numerosos invertebrados,...)
Nectónicos: Son os consumidores de maior tamaño e que nadan libremente (peixes, luras, delfíns, focas,...).
Bentónicos: Viven no fondo (ben sobre a superficie ou en galerías escavadas nos sedimentos) destacando entre eles os ourizos de mar, holoturias, estrelas de mar, ameixas,...
Zonas segundo a distancia á liña de costa.
Nerítica: É a zona que se estende sobre a plataforma continental.
Oceánica: Sitúase máis alá da plataforma continental.
Zonas segundo a profundidade.
Peláxica: É a zona limitada entre o nivel do mar e os 200 metros de profundidade (ata onde chega a luz solar).
Batial: Localízase entre os 200 e os 2 000 metros de profundidade.
Abisal: Esténdese por debaixo dos 2 000 metros de profundidade.
Os ecosistemas de Galicia
Parque nacional.
As Illas Atlánticas: Conxunto de pequenos arquipélagos (Cíes, Ons, Cortegada e Salvara) preto da costa atlántica das Rías Baixas, con gran variedade de ecosistemas tanto mariños como terrestres.
Parques naturais.
Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán. (A Coruña).
Baixa Limia – Serra do Xurés, Ourense).
Monte Aloia, Tui (Pontevedra).
O Invernadeiro, Laza, Verín e Vilariño (Ourense).
Serra da Enciña de Lastra, Rubiá (Ourense).
Fragas do Eume (A Coruña).
Humedal protexido.
Ría de Ortigueira e Ladrido, Ortigueira e Cariño (A Coruña).
Complexo intermareal Umia – Grove – A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa Bodeira, O Grove, Meaño e Sanxenxo (Pontevedra).
Ría de Ribadeo, Ribadeo e Trabada (Lugo).
Lagoa de Valdoviño, Ferrol, Narón e Valdoviño (A Coruña).
Monumento natural.
Souto da Retorta (Lugo).
Praia das Catedrais (Lugo).
Souto de Rozabales (Ourense).
Fraga de Catasós (Pontevedra).
Costa de Dexo (A Coruña).
Carballa da Rocha, Reiriz de Veiga (Ourense).
Pena Corneira, Carballeda de Avia, Leiro e Avión (Ourense).
Reservas da biosfera.
Os Ancares lucenses, As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro (Lugo).
Oscos-Eo-Terra de Burón, Costa de Lugo e Asturias.
Terras do Miño, Centro-Norte de Lugo abarcando 26 municipios.
Serra de Allariz, Allariz, Rairiz de Veiga, A Bola e Vilar de Santos (Ourense).
Reservas mariñas.
Carnota-Lira, Costa da Morte (A Coruña).